A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web https://www.xunta.gal
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Existen ligazóns cun mesmo texto e con diferente enderezo web que poden provocar problemas aos produtos de apoio para interpretalas como ligazóns iguais [requisito número 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (en contexto)].
- Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición [requisito número 9.3.2.2 Ao recibir entradas].
- Existen contidos nos que se emprega a cor para diferenciar o texto das ligazóns e a relación de luminosidade entre as cores non chega ao mínimo, co que poden provocar problemas de recoñecemento das ligazóns [requisito número 9.1.4.1 Uso da cor].
- Nalgunhas novas ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
- carga desproporcionada: non aplica.
- o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade
A Xunta de Galicia achega as seguintes funcionalidades coa finalidade de mellorar e facilitar o acceso á súa información:
- A través do pé de páxina achéganse as funcionalidades para:
- Alternar a vista entra a opción de “Alto contraste”, que fai uso dunha paleta de cores alternativa e de maior contraste, e a "Vista normal".
- A ferramenta de “Apoio a navegación” coa que poderá acceder a unha versión do sitio con axudas á navegación mediante o uso só do teclado, ou con comandos de voz, ou por sons…
- Ademais, algunhas páxinas ofrecen a posibilidade de, a través do botón “Escoitar”, escoitar unha reprodución sonora do contido.
Preparación desta declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 25 de marzo de 2019.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Última revisión da declaración: 25 de marzo de 2019.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.
As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.
Procedemento de aplicación
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
Contido opcional
Data de última revisión
A última revisión de accesibilidade foi realizada en 18 de xaneiro de 2019.
Teclas de acceso rápido
Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:
- 0
- Portada
- 1
- Goberno e institucións
- 2
- Temas
- 3
- eServizos
- 4
- Transparencia
- 5
- Buscador
Alto contraste
Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.
Lector de contidos
A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en ambos os dous idiomas, para a súa escoita, o que facilita o acceso a estes a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.
Esta funcionalidade dispón do seguinte atallo de teclado:
- L
- Lector de contidos