• Passcovid

Botón para avance automático no carrusel

PassCOVID.gal é unha App da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19

  • Consulta o teu certificado de vacinación e infórmate das restricións, recomendacións e novidades.

  • Recibe avisos se estiveches nun establecemento de risco por concentración de contaxios.

  • Se fuches diagnosticado/a da COVID-19, comunica os teus contactos estreitos, os lugares onde estiveches e consulta o teu código de Radar COVID.

Descarga hoxe a aplicación PassCOVID!

Android
iOS

COVID ao día!

Consulta o estado actualizado das restricións existentes no teu concello.

Mantente informado/a

Recibe avisos importantes de xeito inmediato, consulta as recomendacións e infórmate sobre a situación actual da pandemia en Galicia.

Estado COVID

Se accedes co teu usuario de Chave365 recibirás información sobre si fuches identificado/a como contacto estreito ou diagnosticado da COVID-19. Neste caso, poderás informar a través da App dos teus contactos estreitos ao Servizo Galego de Saúde. Tamén poderás consultar o teu código da App Radar COVID.

Certificado de vacinación

Poderás consultar e descargar o teu certificado de vacinación fronte á COVID-19. Para iso deberás identificarche con Chave365 e consentir previamente o acceso a túa historia clínica. Se non o fixeches contacta co teu centro de saúde para dar a autorización. Tamén poderás acceder aos datos do teu certificado capturando coa cámara o QR.

Establecementos de risco

Captura os QRs dos locais onde esteas. A información estará só no teu móbil, e a App avisarache se detecta que algún deles se convirte nun establecemento de risco por concentración de contaxios. Se fuches diagnosticado/a da COVID-19 e te identificas con Chave365, tamén poderás axudar enviando ao SERGAS a listaxe de establecementos nos que estiveches.

Que é Chave365?

Para dispoñer de información personalizada deberás identificarte con Chave365. Chave365 é un sistema de identificación e sinatura electrónica, baseado no uso de claves concertadas, que permite a utilización dos servizos ofrecidos pola Xunta de Galicia. Para utilizar Chave365 debes darte de alta. Tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.